TAPIRAZAS CREOU GRANDE EXPECTACIÓN NO SALIMAT-SEMANA VERDE 2013.

uploads/9/news/img_9677.jpg

18.07.2013 TapiRazas, o restaurante de tapas con razas autóctonas, tivo moi boa acollida polos presentes no SALIMAT 2013, que se celebrou coincidindo coa  Semana Verde 2013 de Silleda. Despois dun mes da celebración do evento, o balance foi moi positivo, xa que ademais de servir arredor de 600 menús, servíu de prataforma para o coñecemento e disfrute da carne e os produtos das razas autóctonas, por moitos ata entonces descoñecidos.

Aproveitando o escapate e a promoción que supón a Semana Verde de Silleda, esta actividade tivo por obxectivo promocionar as razas autóctonas galegas e os seus produtos, poñendo en valor as excelentes cualidades culinarias e sensoriais, diferenciándose como produtos únicos e de calidade.

O menú degustación con produtos de autóctonas consistiu en catro tapas: vacún, cordeiro, galo e porco, bebida e pan. Para elo utilizáronse sobre 350kg de vacuno (razas autóctonas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá y Vianesa), 125kg de Galo de Mos, 120Kg de Cordeiro de Ovella Galega, 90Kg de Costela e 70kg de chourizos de Porco Celta.

Menú TapiRazas-Salimat 2013

Galo de raza Mos en dúas coccións con filloa de guiso das súas aliñas e torto de millo.

Cordeiro de raza Ovella Galega confitado ao tomiño, con fabas guisadas, setas de cardo e xamón.

Tenreira* glaseada no seu xugo, mel e café con pastel de pataca, touciño entrefebrado e castaña.

Costela de Porco Celta con adobo tradicional e chourizo ao viño de Ribeira Sacra

*Para o prato de tenreira emprégase carne das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa

 

A Escola de Hostalería de Vilamarín, elaborou as tapas cos produtos das razas autóctonas galegas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Galiña de Mos e Porco Celta, que se acompañaron de pan e bebida.

Xunto con BOAGA e as Asociacións de criadores de cada unha das razas pertencentes á Federación, participaron e colaboraron a Escola de hostalería IES Vilamarín, a Asociación de Criadores de Porco Celta, e as bodegas Fernández Rodriguez, S.C. - Adega da Capela e Adega Cachín s.c., cos viños Pousadoiro (Ribeiro) e Peza do Rei (Ribeira Sacra).

Aproveitando o escapate e a promoción que supón a Semana Verde de Silleda, esta actividade tivo por obxectivo promocionar as razas autóctonas galegas e os seus produtos, poñendo en valor as excelentes cualidades culinarias e sensoriais, diferenciándose como produtos únicos e de calidade.


|
| © Boaga 2018