ROCÍO GARRIDO PRESENTARÁ “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO

uploads/9/news/portada_autoctonas_2.jpg

03.07.2013. Este domingo 7 de xullo, ás 19.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Vigo, na Alameda - Praza de Compostela. Posteriormente farase a firma de libros.

Unha das librerías participantes na feira, a Libraría Pedreira, terá á venda exemplares de "Cociñando Coas Razas Autóctonas"

Nota de prensa

O receitario, editado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga, conta cun dos premios Gourmand World Cookbook de 2012, galardóns de ámbito internacional cos que se distingue a produción editorial gastronómica e que recoñeceron esta publicación como a mellor de cociña sostible de España.

Cociñando coas razas autóctonas inclúe receitas elaboradas pola propia autora con carnes de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción: Ovella Galega, Cabra Galega, Galo Mos, Porco Celta, Cabalo de Pura Raza Galega e as bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. No receitario tamén vén o modo de preparación de varias larpeiradas elaboradas a base de leite, ovos e queixo fresco, todos produtos secundarios derivados das devanditas razas.

Rocío Garrido Caramés (Sanxenxo, 1976) é afeccionada á cociña e editora do blog La cocina de mi abuelo.


|
| © Boaga 2018