REMATARON UNHAS EXITOSAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DO GALO E DOS OVOS DE GALIÑA DE MOS EN LUGO.

Restaurante Aurora (Lugo). 18 de marzo a 3 de abril 2016
uploads/9/news/img_20160331_151951.jpg

As Xornadas gastronómicas do galo da nosa raza celebradas en Lugo, no restaurante-pulpería Aurora, remataron cun grande éxito. Organizadas polo propio restaurante e a granxa Chousa do Lea, contaron con moitos comensais que acabaron satisfeitos e valoraron a calidade do produto.

De primeiro plato ofreceuse revolto de ovos de raza Galiña de Mos ou ben ovos de Galiña de Mos fritos con chourizo e patacas e de segundo Galo Mos guisado.

Noraboa por estas iniciativas.

máis información en AVIMÓS XORNADAS GASTRONÓMICAS


|
| © Boaga 2018