PRODUTO VENDIDO EN SALIMAT

uploads/9/news/dsc_0045.jpg

O 19º SALÓN DE ALIMENTACIÓN DEL ATLÁNTICO-SALIMAT pechaba con unha importante afluencia de público especialmente na xornada do domingo día 15.

Os visitantes podían mercar, nos stands que puxemos a disposición dos nosos gandeiros, carne de todas as nosas razas de bovino: Cachena, Caldelá, Limiá, Frieiresa e Vianesa ou embutidos (como os chourizo con carne de cachena de Terra Celta). Cabrito de raza Cabra galega, cordeiro de Ovella Galega, galo de Mos, pularda, ovos de galiña de Mos …

Destacaríamos como presentación novidosa, as hamburguesas de Limiá con algas, con queixo ecolóxico ou á pementa que presentaba Granxa o Carballo. Ou as mini hamburguesas de boi vianés de Ganados de Lemos.

Un exemplo de cómo estes criadores traballan ó longo de todo o ano para valorizar o seu produto e darlle novas saídas comerciais. Apostando por diversas elaboracións, e coidando a presentación e a imaxe de marca propia como ocorre coa liña de produtos ofertada por Galo Celta.

FOTOS


|
| © Boaga 2018