PRESENTACIÓN DUN MENÚ DEGUSTACIÓN CON RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO TAPIRAZAS, SALIMAT -SEMANA VERDE 2014

DO 12 AO 15 DE XUÑO DE 2014, RECINTO FEIRAL DE SILLEDA (PONTEVEDRA)
uploads/9/news/tapirazas-2014.png

Neste ano 2014 e dentro das actividades a celebrar do 12 ao 15 de xuño no XVIII Salón de Alimentación do Atlántico – Salimat, no pavillón nº 1 do recinto feiral de Silleda, dentro da 37ª Feria Internacional Semana Verde de Galicia, BOAGA presenta por segundo ano consecutivo TapiRazas, un restaurante de tapas con produtos das razas autóctonas galegas en perigo de extinción. Esta actividade ten por obxectivo promocionar as razas autóctonas galegas e os seus produtos, poñendo en valor as excelentes cualidades culinarias e sensoriais, diferenciándose como produtos únicos e de calidade.

Xunto con BOAGA e as asociacións de criadores de cada unha das razas pertencentes á Federación, participarán o cociñeiro , e as Antonio Díaz Calvo (restaurante ANDARUBEL-FRAGAS DO EUME)bodegas Fernández Rodriguez S.C. - ADEGA DA CAPELA e ADEGA CACHÍN S.C., cos viños Pousadoiro (Ribeiro) e Peza do Rei (Ribeira Sacra).

ANDARUBEL-FRAGAS DO EUME, elaborará as tapas cos produtos das razas autóctonas galegas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos, que se acompañarán de pan e bebida. O menú degustación con produtos de autóctonas consta de dezaseis tapas distintas, distribuídas en 4 tapas por día, bebida e pan. TapiRazas estará en funcionamento de xoves a domingo a partires das 13:00 h no pavillón 1, cun menú degustación.

Para descargar o menú pincha en: MENÚ TAPIRAZAS 2014


|
| © Boaga 2018