PARTICIPACIÓN DE BOAGA E AVIMÓS NA II ASEMBLEA DA IRMANDADE GALEGA DE AGROALIMENTARIOS E ADEGUEIROS

uploads/9/news/irgade-jpg.jpg

09.07.2013 Na II Asemblea da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros-Irgade, que se celebrou o 6 de xullo na Reitoral de Santo André (Ribadavia), Boaga e Avimós foron invitadas a participar e integrarse como irmandiñas.

As dúas entidades recibiron un diploma como novos membros do Irgade por apoiar a campaña de divulgación na elaboración de publicidade e etiquetaxe en galego dos produtos agroalimentarios e por fomentar o consumo responsable, potenciando e publicitando os produtos derivados das razas autóctonas galegas.

 

 

 

 

 

 

 

Diploma Boaga irmandiña

Diploma Avimós irmandiña


|
| © Boaga 2018