O 1º Campionato Galego da raza Galiña de Mos celebrarase na Semana Verde 2014

uploads/9/news/p3088227.jpg

Con motivo da celebración da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, no recinto feiral de Silleda, Pontevedra entre o 12 e o 15 de xuño, celebrarase o 1º Campionato Galego da raza Galiña de Mos. Este campionato estará dividido en dous certames no que as nosas aves poderán participar en concurso por lotes ou en concurso individual. Os concursos son:

-3ª EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DE GALIÑA DE MOS – SEMANA VERDE 2014 (os lotes serán de 3 galiñas e 1 galo).

-VII CONCURSO MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS (en concurso individual).

Da valoración final sairán os mellores exemplares do Certame. No documento adxunto pódese ver o regulamento do Campionato.

Ver regulamento de participación.


|
| © Boaga 2018