NOVO ÉXITO DA EXPO-DEGUSTACIÓN DA GALIÑA DE MOS EN SAN XIAO DE MOS

28 de outubro 2018. San Xiao de Mos (Castro de Rei - Lugo)
uploads/9/news/img-20181028-wa0018.jpg

Outro gran éxito da ExpoDegustación da Galiña de Mos en San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei. Un ano máis a Galiña de Mos triunfa no pobo de onde tomou o seu nome. A exposición e degustación celebrouse o domingo 28 de outubro e pese ás adversas condicións climatolóxicas, case 1.000 persoas achegáronse a degustar os produtos da nosa raza.

Tamén se celebrou o VII Exposición-Concurso Comarcal da raza, resultando premiados como mellor galo, o pertencente a José Zapata Sánchez, de Castro de Riberas de Lea e como mellor galiña, unha pertencente a José Luis Freire Castedo, de Suego.

Moitas grazas a todos os criadores e á organización da festa, polo novo éxito.

Máis imaxes en Avimós


|
| © Boaga 2019