NOVAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DE CORDEIRO DE RAZA OVELLA GALEGA EN CASTRO RIBERAS DE LEA

5-31 maio 2018. Castro Riberas de Lea (Castro de Rei-Lugo)
uploads/9/news/rio-lea-2018.png

Dende o 5 ata o 31 de maio, faranse unhas novas xornadas gastronómicas do cordeiro de Raza Ovella Galega no restaurante “Río Lea”, operador autorizado para o logotipo 100% Raza Autóctona Ovella Galega. Esta é a sexta edición dunhas xornadas, en Castro  Riberas de Lea (Castro de Rei-Lugo).

As xornadas están organizadas pola explotación "SAT TORRE DE ARCOS", de Outeiro de Rei (Lugo), produtores da raza e tamén operadores autorizados para o logotipo 100% Raza Autóctona Ovella Galega.

O teléfono para reservas é: “Restaurante Río Lea” 982310658

 


|
| © Boaga 2018