NOVAS AXUDAS PARA PREVENCIÓN DOS DANOS PRODUCIDOS POR ATAQUE DO LOBO E FAUNA SILVESTRE

11 de agosto 2016
uploads/9/news/caratula-orden-prevencion-danos-lobo.png

Saíron publicadas as novas axudas para a prevención dos danos que causan as especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2016.

Estas axudas son de ámbito temporal e están pensadas para reducir os ataques das especies de fauna silvestre (xabarín, lobo, oso e outras especies) ás explotacións agrícolas e/ou gandeiras, mediante a aplicación de medidas de protección.

Poderanse beneficiar as persoas que exerzan a actividade agraria e gandeira e estean inscritas no Rexistro de Explotacións agrarias de Galicia (Reaga) e no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia, das especies de gando bovino, ovino, caprino, porcino da raza celta, equino, asnal, mular e apícola.

Subvencionaranse a adquisición de cans mastíns, adquisición de pastores eléctricos e adquisición de cerrumes de malla electrificada.

O plazo para pedir as subvencións é de un mes contado a partir da data de entrada en vigor da orde (12 de agosto de 2016)

Para descargar a orde pinchar no seguinte enlace: ORDE do 29 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan as especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2016. Descargar PDF

Para descargar o extracto da orde pinchar no seguinte enlace: EXTRACTO da Orde do 29 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan as especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2016. Descargar PDF


|
| © Boaga 2017