NOVAS AXUDAS 2016 PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POR ATAQUE DO LOBO.

Xaneiro 2016
uploads/9/news/axudas-por-ataque-de-lobo.jpg

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Saíron publicadas as novas axudas para compensar os danos ocasionados por ataques do lobo ás reses gandeiras de Galicia, e están destinadas aos propietarios de gando vacún, ovino, cabrún, equino e porcino de Galicia, sempre e cando os danos procedan de ataques inevitables.

Estas axudas son de ámbito temporal e están pensadas para os danos producidos polo lobo, comunicadas dende o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016.

Os importes das axudas por morte figuran no anexo I da orde adxunta, en función da especie, idade e raza, e poderá ser incrementado nun 30%, cando o ataque se produza nos concellos incluídos no anexo III da orde adxunta.

Deberase comunicar o dano producido dentro das 24 horas seguintes ao ataque ao teléfono 012 en horario habil que é o seguinte:

De 8 a 20 horas (de lunes a viernes) y de 8 a 17,30 horas el sábado.

Hai un plazo de 45 días naturais dende a comunicación do dano para a solicitude da axuda. As condicións da solicitude da axuda, teléfono para comunicación de danos, importes das axudas e demais requisitos están recollidas na seguinte orde que pode descargar pinchando no seguinte enlace:

Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2016.

Máis información no seguinte enlace da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio


|
| © Boaga 2017