MOSTRA DAS AUTÓCTONAS EN MACEDA

XOVES, 15 DE AGOSTO DE 2019
uploads/9/news/cartel-festa-maceda.jpg

Con motivo das festas da Vila, un ano máis, celébrase unha exposición do noso gando, o gando autóctono.

Ubicada na carballeira que circunda o Castelo. Os visitantes poderán ollar para unha  nutrida mostra de vacas de RAZA CALDELÁ -unha das de maior arraigo no concello- representada nesta ocasión por os criadores: José González Carballo, Javier Blanco González, José Manuel González Lamelas e Juan Manuel Lage Cid  que tamén  participará con  algúns exemplares de GALIÑA DE MÓS.

De RAZA VIANESA haberá gando procedente das explotacións de: Escuadro,SC  de José Manuel González Lamelas  ao tempo que Miguel Gómez García traéra as súas vianesas  criadas en Santiso

Dende Vilardecás, María José Ramos Martínez achéganos unha mostra de gando de RAZA LIMIÁ.

Con OVELLA GALEGA acude José Manuel González Lamelas de Escuadro, SC. E  para rematar Visitación Cid Fariñas  tráenos dende Foncuberta unha mostra de CABRA GALEGA.

Non perdan a oportunidade de apreciar a diversidade do patrimonio gandeiro con que conta este Concello.


|
| © Boaga 2019