MERLÁN: A feira galega do gando cabrún

uploads/9/news/cartel-merlan.jpg

Convidámolos a participar, o próximo domingo 20 de setembro, nesta nova edición da tradicional "FESTA DAS CABRAS DE MERLÁN". Organizada como todos os anos pola Asociación de Veciños de Santo Tomé de Merlán, no campo da festa do pobo.

Un ano máis CAPRIGA: Asociación de Gandeiros de Cabra Galega estará presente dende a mañá con unha exposición de exemplares da raza, con un stand onde se dará información, e non podía faltar a degustación de Cabra Galega adulta que aporta a propia asociación.


|
| © Boaga 2019