“LAS VACAS AUTÓCTONAS VUELVEN A MUGIR”

Reportaxe de Xoan Ramón Alvite (Voz de Galicia) 6 de xullo de 2014
uploads/9/news/razas-autoctonas-voz-de-galicia.png

 

 

 

Con este título Xoán Ramón Alvite, periodista da Voz de Galicia, presentou hai un mes unha reportaxe extensa sobre as nosas 8 razas autóctonas de Galicia, Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Galiña de Mos e Cabra Galega, na que explica entre outras cuestións, o número de explotacións e animais por raza existentes neste momento, e que o presente e futuro destas razas é alentador, pois das aproximadamente 4000 cabezas fai unha década, incrementouse ás 21.000 cabezas na actualidade.

Ademais tamén fala da clara orientación cárnica destas razas, criándose en réxime de manexo extensivo, pastando en prados e montes, o que consigue produtos cárnicos de excelente calidade, e por suposto engádelles un importante valor medioambiental, xa que ademais de aproveitar os recursos naturais permiten a conservación e mantemento do entorno, previndo de incendios forestais. Por último repasa cales son as principais vías de comercialización da carne destas razas autóctonas, os circuítos  curtos de comercialización de venda directa do propio criador ao comprador final, o fomento e promoción das propias marcas individuais como selo de identidade do produtor, e os retos de futuro aos que se enfrontan os gandeiros deste tipo de razas, como é o de acadar maior base territorial por explotación para conseguir unha redución de custes e unha xestión viable da explotación.

Para descargar a noticia completa pinche en Reportaxe Razas autóctonas


|
| © Boaga 2018