GRAN ACEPTACIÓN DOS PRODUTOS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO XANTAR 2014

uploads/9/news/img_3377.jpg

O 15º Salón Internacional do Turismo- Xantar, chegou ao seu fin. Celebrado en Ourense dos días 5 ao 9 de febrero de 2014 , contou coa presenza dos produtos das razas autóctonas galegas.

O sábado día 9, fíxose un showcooking de razas autóctonas impartido polo cociñeiro Flavio Morganti, con maridaxe de viños da D. O. Ribeiro que tivo grande aceptación e afluencia de público. Puidéronse degustar hamburguesas e albóndigas de cordeiro de Ovella Galega, Pularda de raza Mos asada a baixa temperatura (65 grados), consomé de pularda de raza Mos e mais guiso de agulla de tenreira feita coas razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa.

A Federación de razas autóctonas de Galicia-BOAGA, dispuxo dun stand con información sobre razas autóctonas galegas onde se atendeu aos interesados e se venderon os novos peluches da Galiña de Mos, da Ovella Galega e o libro "Cociñando coas razas autóctonas".

Tamén participou un dos produtores da raza Galiña de Mos, no stand do Consello Galego de Cooperativas onde fixo unha presentación do galo despiezado e ovos da raza de produción artesanal.

No restaurante do Concello de Vila de Cruces, serviuse nun dos menús, empanada de Galiña de Mos e arroz con Galo de Curral.

Enlace a Showcooking razas autóctonas

 


|
| © Boaga 2018