FEIRA E MERCADO MEDIEVAL DE MACEDA

15 Agosto 2018. MACEDA (OURENSE)
uploads/9/news/cartel-feira-maceda.jpg

 

Un ano máis, o lugar esollido para a exposición de gando das distintas razas autóctonas de Galicia que se ven celebrando con motivo da Feira Medieval da Vila, será a carballeira que rodea o Castelo. Poderán ver todos os animais este próximo mércores, a patir das 12:00 horas.

Un espazo moi agradable onde a maiores, a todos os visitantes que se acheguen, facilitaráselles material e información sobre as nosas razas autoctonas.

O gando participante procede de explotacións situadas no propio Concello. Así:

  • A RAZA OVELLA GALEGA estará representada por animais do criador José Manuel González Lamelas.
  • Os que participarán da RAZA CABRA GALEGA serán da explotación de Visitación Cid Fariñas.
  • De RAZA CALDELÁ expoñeranse animáis das ganderías de Javier Blanco González, José González Carballo e José Manuel Lage Cid. Estes tres gandeiros son criadores que comercializan baixo o LOGOTIPO 100% CALDELÁ. Marca que garante que o produto procede só de exemplares criados en pureza. Como curiosidade, é esta Comarca a que concentra o maior número de exemplares desta raza en perigo de extinción.
  • A RAZA LIMIÁ estará presente gracias ás vacas procedentes da explotación de Pilar Martínez Peña.
  • E en representación da RAZA VIANESA levarán reses das ganderías de Escuadro, SC., María Concepción Gómez Fernández e Miguel Gómez García - operador autorizado do logotipo 100% VIANESA-.

 

Invitámolos a todos a que veñan a desfrutar desta nova edición da feira.

 

|
| © Boaga 2019