ESTE DOMINGO CELÉBRASE A EXPODEGUSTACIÓN DA GALIÑA DE MOS.

29 de outubro 2017. San Xiao de Mos (Castro de Rei-Lugo)
uploads/9/news/cartel-expodegustacion.jpg

Este domingo 29 de outubro, celébrase xunto á igrexa parroquial de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo, a Expodegustación da Galiña de Mos que se leva celebrando desde fai anos. Este evento que está organizado polos criadores da parroquia de San Xiao de Mos, en colaboración con Avimós, o Concello de Castro de Rei e a Deputación de Lugo. Celebrarase tamén o VI Concurso Comarcal da Galiña de Mos, escolléndose o mellor galo e a mellor galiña do certame. O menú constará entre outros de galo guisado e ovos fritidos. Esperámosvos.

Vídeo da presentación.


|
| © Boaga 2017