ESTÁ ABERTO O PLAZO DE SOLICITUDE DA PAC 2019

xaneiro-abril 2019
uploads/9/news/portada-axudas-pac2019.png

ORDE do 22 de xaneiro de 2019 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control. Publicada no DOG núm. 22  de 31 de xaneiro de 2019. http://boaga.es/static/filemanager/images/fileicons/pdf.png descarga pdf

Organismo convocante: Consellería do Medio Rural

PRAZO DE SOLICITUDE ata 30 de abril de 2019

É obrigatoria a presentación por vía electrónica dirixida ao FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria).

 

Os procedementos administrativos que se regulan na presente orde son os seguintes (pinchar no enlace de cada procedemento):

a) MR250A. Pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento

rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (solicitude única).

b) MR239K. Solicitude de modificación do sistema de información xeográfica de parcelas

(Sixpac).

c) MR239G. Comunicación de cesión das axudas con cesión da explotación.

d) MR239O. Recoñecemento como entidade colaboradora.

e) MR240D. Solicitude de modificación da solicitude única.

f) MR241C. Solicitude de asignación de dereitos de pagamento básico da reserva nacional.

g) MR241D. Comunicación de cesión de dereitos do réxime de pagamento básico.

 

OS CRIADORES QUE TEÑAN APROBADA A LIÑA DE AUTÓCTONAS DEBERÁN ADXUNTAR XUNTO COA SOLICITUDE O CERTIFICADO COS ANIMAIS A DATA 01.01.2019.

 

IMPORTANTE:

Para  tramitar calquera dos procedementos relacionados cos dereitos do pagamento básico, MR250A de solicitude única, MR241C de solicitude de dereitos de pagamento básico da Reserva nacional e/ou MR241D de cesión de dereitos de pagamento básico, o solicitante deberá coñecer o estado deles mediante consulta pública na páxina web do Fondo Español de Garantía Agraria (www.fega.es ).

 

Toda esta información tamén está no enlace permanente no apartado LEXISLACIÓN da nosa web: http://boaga.es/lexislacion/ 

 


|
| © Boaga 2019