ESTÁ ABERTO O PLAZO DE SOLICITUDE DA PAC 2015

DOG Nº 48- Mércores 11 de marzo de 2015
uploads/9/news/njgwec0tms0wlxvwbg9hzhmvos9uzxdzl2vulwv4dgvuc2l2by5qcgc.jpg

Saíu publicada a Orde do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

Esta orde ten por obxecto regular e convocar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2015 os pagamentos directos á agricultura e á gandaría, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control

O prazo de solicitude remata o 15 de maio de 2015

Para descargar o documento pinche no enlace PAC 2015


|
| © Boaga 2017