E AS CACHENAS GAÑADORAS SON...

uploads/9/news/colocando-escarapela.jpg

As vacas gañadoras do  II Concurso morfolóxico da Raza Cachena,  son:

  • 1º premio- MEKETATÓN, da explotación "Cachenas de San Breixo", que Jordi Anguez ten en Triacastela (Lugo).
  • 2º premio- CANTERA  da explotación de Miguel Angel Pernas de Tras do Río-Loiba. Ortigueira (A Coruña).
  • 3º premio- TOMASA VI  de "Finca A Ferreira". Val do Dubra (A Coruña) propiedade de José Antonio Liñares.

A entrega deste recoñecemento tivo lugar o domingo 16 de xuño ás 20:00 horas, coincidindo coa clausura da 36ª edición da Semana Verde de Galicia no pabillón 3 de ganadería, onde estivaran expostos tanto os exemplares que participaban no concurso como o gando que representaba as outras razas autóctonas en perigo de extinción.

Só nos queda agradecer a participación de todos os concursantes, dar a noraboa aos premiados e convidar a todos os criadores da raza a participar na próxima edición.


|
| © Boaga 2017