DO 21 AO 23 DE FEBREIRO CELÉBRASE A FEIRA ABANCA CIMAG-GANDAGRO

21-23 febreiro 2019. Silleda (Pontevedra)
uploads/9/news/150x51_wwwcimaggandagrocom.gif

A Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag- GandAgro, volverá reunir na súa terceira edición a todo o sector agrogandeiro. Será do 21 ao 23 de febreiro de 2019 na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra).

O seu parque expositivo será un auténtico escaparate ao servizo de agricultores e gandeiros. Contará con gran variedade de firmas, produtos e novidades de todos os ámbitos, entre outros, sanidade e hixiene animal, nutrición, fertilizantes e sementes, xenética, animal vivo, equipamento para agricultura e gandería, sistemas de muxido, tractores e motocultores, maquinaria de recolección e post-recolección, de preparación de chan; de semente e abonado; de protección de cultivos e rega, e para explotacións gandeiras, ademais de compoñentes e accesorios.

Contaremos cun stand de BOAGA, con información publicitaria para todos os interesados das nosas razas autóctonas galegas.

Quen queira asistir á Feira, pode rexistrarse na seguinte dirección http://www.cimag.gandagro.com/registro, ou ben descargar a invitación-entrada, no seguinte enlace INVITACIÓN GANDAGRO-BOAGA, imprimir o formulario cubrindo os datos, e entregala ao chegar á feira. 

 


|
| © Boaga 2019