CONVOCADAS AXUDAS Á INCORPORACIÓN DE MOZOS/AS Á ACTIVIDADE AGRARIA. ANO 2018 (CREACIÓN DE EMPRESAS PARA AGRICULTORES MOZOS) (PROCEDEMENTO MR404A)

PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES: ata o 16/04/2018.
uploads/9/news/axudas-para-apoio-investimentos-investigacions-agrarias.png

Obxecto

O procedemento de axudas á incorporación de agricultores mozos é o MR404A, e  ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas e convocar para o ano 2018 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:

Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.– Submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos (procedemento MR404A).

ENLACE PROCEDEMENTO MR404A

 A LEXISLACIÓN APLICABLE é: Orde do 9 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 54 do 16 de marzo de 2018).

ENLACE Á LEXISLACIÓN: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180316/AnuncioG0426-020318-0004_gl.html

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180316/AnuncioG0426-020318-0005_gl.html


A quen vai dirixido?

Calquera persoa física que, no momento de presentar a solicitude, no teña máis de corenta anos, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe/a da dita explotación.

Requisitos

Existen uns requisitos específicos e xerais  para acceder a estas axudas de incorporación de mozos á actividade agraria, que poden descargarse no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR404A

A onde acudir

Ás xefaturas territoriais das provincias de Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra da Consellería do Medio Rural: Servizo de explotacións agrarias e tamén á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias: Subdirección Xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias: Servizo de Explotacións e asociacionismo Agrario. As direccións están no seguinte enlace:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR404A

Tamén pode acudir ás oficinas comarcais onde están a prestar asesoramento.

Prazo de presentación de solicitudes e anexos a cumplimentar: o prazo é dende o 17/03/2018 ata o 16/04/2018.

A documentación a presentar indícase no seguinte enlace:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR404A

  • . As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
  • a) Acreditación da persoa representante da súa representación (se fose o caso).
  • b) Presentar un plan empresarial, redactado por un enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola ou grao universitario equivalente ou por un equipo multidisciplinar no que a memoria e os documentos técnicos específicos que fagan referencia a producións, instalacións ou outros datos agrarios os asine o dito técnico (acreditarase titulación). O plan debe incluír:
    • Unha descrición da situación inicial da explotación agrícola, con indicación das fases e obxectivos concretos de desenvolvemento das actividades da nova explotación.

MÁIS INFORMACIÓN EN PROCEDEMENTO MR404A


|
| © Boaga 2018