AS RAZAS OVELLA GALEGA E GALIÑA DE MOS ESTARÁN PRESENTES NA NOVA GRANXA ESCOLA “A CAPILLA” EN LENTELLAIS

12 outubro 2018. O Bolo (Ourense)
uploads/9/news/44027741_2019322878127889_7029831895466639360_n.jpg

O venres 12 de outubro, presentouse a nova Granxa Escola “A CAPILLA”, na parroquia de Lentellais en O Bolo (Ourense).

Esta granxa escola,  é propiedade de María Elisa Camino Leiro, criadora das razas Ovella Galega e Galiña de Mos, e nela terán animais das dúas razas, que faran as delicias de nenos e maiores que visiten esta granxa-escola. Tamén terán produtos derivados das dúas razas que poderán comercializar, pois esta criadora tamén é operadora autorizada para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona tanto de Ovella Galega como de Galiña de Mos.

Máis imaxes nos seguintes enlaces: INAUGURACIÓN GRANXA ESCOLA LENTELLAIS

 GRANXA-ESCOLA A CAPILLA


|
| © Boaga 2018