AS RAZAS AUTÓCTONAS PARTÍCIPES NA XORNADA SOBRE BOSQUES SOSTIBLES E GASTRONOMÍA GALEGA.

Centro Superior de Hostelería de Galicia. Santiago. 06/05/2015
uploads/9/news/dscn9833.jpg

O mércores 6 de mayo impartiuse una xornada sobre “Bosques Sostenibles y Gastronomía Gallega. PEFC, garantía de trazabilidad de los productos del bosque”, na Escola Superior de Hostelería de Galicia en Santiago de Compostela. O encontro foi dirixido a propietarios e xestores forestais, produtores, chefs e outras entidades da cadena de valor dos produtos silvestres procedentes dos bosques (setas, castañas, gando, mel….).

O Director da Federación de Razas Autóctonas de Galicia- BOAGA, José Ramón Justo, participou como ponente na xornada, dentro da mesa redonda sobre sostibilidade e trazabilidade dos alimentos nos montes galegos. Na charla falou sobre as Razas Autóctonas Galegas en Perigo de Extinción, das posibilidades produtivas e dos produtos derivados da Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa ,Ovella Galega, Galiña de Mos e Cabra Galega, así coma dos traballos que se están a facer para recuperar os censos dos animais destas razas como de toda os labores de control, xestión, e promoción das asociacións e dos gandeiros pertencentes a elas.


|
| © Boaga 2019