NOVAS AXUDAS PARA DANOS PRODUCIDOS POR ATAQUE DO LOBO 2017

Xaneiro 2016
uploads/9/news/axudas-ataque-lobo-2017.png

Saíron publicadas as novas axudas por ataque do lobo para o ano 2017: “ORDE do 26 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2017”. Estas subvencións están dirixidas aos titulares de actividades gandeira afectados polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, sempre que os danos procedan de ataques que non poidan evitarse polo tipo de gando ou polo sistema de explotación. Poderán solicitar estas axudas os titulares de explotacións gandeiras que resultan prexudicadas por un ataque rexistrado entre o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro do 2017.

Máis información na pestana Lexislación da páxina web de Boaga, onde se pode descargar a orde e máis na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do territorio.


|
| © Boaga 2017