AS RAZAS AUTÓCTONAS NA VI FEIRA DE ARTESANÍA E PRODUTOS DA ZONA EN TRIACASTELA

TRIACASTELA (LUGO) sábado 4 de abril de 2015
uploads/9/news/feira-de-triacastela-2015.png

O sábado día 4 de abril de 2015, celébrase a “VI Feira de Artesanía e Produtos da Zona” en Triacastela-Lugo. A partires das 10 da mañá na Praza do Consistorio, poderanse visitar os postos cos productos galegos, no que participan criadores das razas representadas nas asociacións pertencentes a BOAGA.

Ganadería Gayo (Carlos Gayo), cun posto de productos cárnicos da raza Vianesa e promoción e información sobre a raza, Roberto Raposo Díaz con exposición de animais vivos e promoción da raza Galiña de Mos e Cachenas de San Breixo (Jordi Ánguez) criador da raza Cachena e da Galiña de Mos e con promoción das razas Cachena, Galiña de Mos, Ovella Galega e Cabra Galega.

A Feira está organizada pola a Asociación de Mulleres Rurais “Tres Castros”, e a Asociación de Artesanas do Tear “Artelar” e o Concello de Triacastela.


|
| © Boaga 2019