AS RAZAS AUTÓCTONAS NA FERIA DO GRELO EN AS PONTES

As Pontes de García Rodríguez. 25 e 26 de febreiro 2017
uploads/9/news/dsc_0524.jpg

Este sábado 25 e domingo 26 de febreiro 2017, estaremos na Feira do Grelo das Pontes de García Rodríguez. Haberá unha mostra de razas autóctonas de Galiña de Mos, Porco Celta, Ovella Galega, Cabra Galega e Can de Palleiro durante os dous días.

Teremos tamén un stand con información no que se asesorará e se promocionarán as nosas razas e as súas producións.

 O domingo o peche da mostra será ao remate da degustación do cocido.

Pódese descargar o programa no seguinte enlace: PROGRAMA FEIRA DO GRELO AS PONTES


|
| © Boaga 2017