AS RAZAS AUTÓCTONAS NA FEIRA MEDIEVAL DE MACEDA 2017

15 de agosto de 2017. Maceda (Ourense)
uploads/9/news/img_20160814_122052_dKyBpli.jpg

Como en anos anteriores, as razas autóctonas galegas participarán na feira e mercado medieval de Maceda, que se celebrará o martes 15 de agosto. Os criadores Juan M Lage, Pilar Martínez, Concepción Gómez, José Manuel Lamelas, José González, Miguel Gómez, Javier Blanco e Visitación Cid, levarán exemplares das súas explotacións das razas Cachena, Caldelá, Limiá, Vianesa, Ovella Galega e Cabra Galega. Ademais repartirase abundante información e material publicitario das nosas razas autóctonas galegas. A feira comezará ás 12.00 do mediodía.


|
| © Boaga 2017