AS AUTÓCTONAS NA FESTA MEDIEVAL DE MACEDA

SÁBADO, 15 DE AGOSTO DE 2015
uploads/9/news/cartel-festa-medieval-maceda15.jpg

As autóctonas de Maceda tamén quixeron participar desta Festa Medieval.

O Concello de Maceda conta con máis de unha ducia de explotacións adicadas a cría de razas autóctonas en perigo de extinción. A implantación de algunha destas razas como por exemplo a Caldelá e moi significativa, concéntrandose aquí o 20% de todos os exemplares vivos rexistrados na actualidade (de 1511 exemplares, 305 “residen” e están empadroados aquí).

Dos gandeiros que van a participar na exposición de gando:

Juan Manuel Lage Cid traerá vacas das razas Cachena e Caldelá da súa gandería de Foncuberta.

Pilar Martínez Peña achéganos dende Vilardecás unha representación de gando de raza Limiá.

Miguel Gómez García estará presente con animais de raza Vianesa que cría en Santirso.

En representación da Ovella Galega acude Escuadro, SC con exemplares da súa explotación de Escuadro.

E Visitación Cid Fariñas que nos trae dende Foncuberta unha mostra de Cabra Galega

Algunhos dos animais que van a ser expostos foron os que acadaron os primeiros postos dos concursos morfolóxicos que se celebraron esta edición da Feira Internacional Semana Verde.


|
| © Boaga 2018