AS AUTÓCTONAS GALEGAS ESTARÁN NO XANTAR, DO 5 AO 9 DE FEBREIRO DE 2014

RECINTO FEIRAL DE EXPOURENSE, Finca Sevilla s/n -32005-Ourense
uploads/9/news/xantar-2014-2.png

A Federación de Razas Autóctonas de Galicia BOAGA, participará na 15ª edición do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo XANTAR, que se celebrará do 5 ao 9 de febreiro de 2014 no recinto Feiral Expourense,(Finca Sevilla s/n -32005-Ourense).

Desta vez, estará presente a través dun stand, onde se poderá obter información sobre as razas autóctonas e os seus produtos derivados, das posibilidades culinarias a través do libro “Cociñando coas razas autóctonas”, e da promoción coa venda dos novos peluches da Ovella Galega e da Galiña de Mos.

Ademais o sábado día 8 de febreiro ás 14:00 h, haberá un showcooking cos produtos das Razas Autóctonas de Galicia e Viños da D.O. Ribeiro.
impartido Flavio Morganti. Chef do Restaurante Galileo.

Recinto Feiral Expourense- Xantar 2014


|
| © Boaga 2018