AS AUTÓCTONAS GALEGAS ESTARÁN NO XANTAR, DO 4 AO 8 DE MARZO DE 2015

Recinto Feiral Expourense, Finca Sevilla S/N 32005-Ourense
uploads/9/news/xantar-2014-2_1.png

A Federación de Razas Autóctonas de Galicia BOAGA, participará na 16ª edición do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo XANTAR, que se celebrará do 4 ao 8 de marzo de 2015 no recinto Feiral Expourense,(Finca Sevilla s/n -32005-Ourense).

O venres día 6, ás 18:00h, na Aula Cuevas, haberá un Obradoiro Gastronómico, “Razas Autóctonas de Galicia en Perigo de Extinción” e maridaxe con viño da Ribeira Sacra Ponte da Boga. O Obradoiro será impartido polo Chef Carlos Parra (Castillo de Maceda), organiza Boaga e colabora a Adega Ponte da Boga.

Estaremos presentes no stand 19, onde se poderá obter información sobre as razas autóctonas e os seus produtos derivados, das posibilidades culinarias a través do libro “Cociñando coas razas autóctonas”, e da promoción coa venda dos peluches da Ovella Galega e da Galiña de Mos.

Máis información en XANTAR 2015


|
| © Boaga 2017