AS AUTÓCTONAS ESTARÁN NA “I FEIRA DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS DA MARIÑA” NO VALADOURO

3 de febreiro 2018. O Valadouro (Lugo)
uploads/9/news/feira-o-valadouro-1320x1922.jpg

O próximo sábado día 3 de febreiro, celébrase no Valadouro a "I feira de Razas Autóctonas Galegas Da Mariña" organizada polo concello e coa finalidade de recuperar na zona, as feiras e mercados tradicionais. Alí estaremos, representando as nosas razas autóctonas, presentaranse exemplares vivos das razas Cachena, Caldelá, Galiña de Mos, Cabra Galega e Ovella Galega. Ademáis estaremos cun stand corporativo para a promoción e divulgación das razas autóctonas e dos seus produtos.


|
| © Boaga 2018