A OVELLA GALEGA PARTICIPA NOVAMENTE NA “FÍA DA LA” EN CABANAS

02 e 03 de setembro de 2017. Cabanas (A Coruña)
uploads/9/news/21034397_1194003194038689_3237121742794138764_n.jpg

Esta fin de semana, nos días 02 e 03 de setembro, vaise celebrar en Lavandeira, no concello de Cabanas (A Coruña), a novena edición da "Fía da Lá", organizado pola “Asociación de mulleres Cabanas Rural”. Unha excelente iniciativa para por en valor a lá da ovella, as distintas características e variedades que existen, recuperar as tradicións e as diferentes propostas para confeccionar prendas de lá.

E como non a la de Ovella Galega estará presente novamente. Aportarase abundante información da raza e das características da la de Ovella Galega. A lá está certificada co “Logo 100% raza autóctona Ovella Galega”, que garantiza que a la e 100% de raza Ovella Galega, pois “Asociación de mulleres Cabanas Rural” é operador autorizado para o logo 100% raza autóctona. 

Máis información para reservas, comida e talleres no teléfono 659620948


|
| © Boaga 2017