A GALIÑA DE MOS E A OVELLA GALEGA PARTICIPARÁN EN MAGRECO 2018

24 e 25 de marzo 2018. Boimorto (A Coruña)
uploads/9/news/29176730_565358263822741_5704646124564905984_n.jpg

Esta fin de semana a Galiña de Mos e a Ovella Galega asistirán á feira MAGRECO 2018 “Feira de maquinaria agrícola e produtos ecolóxicos” que se celebra en Boimorto (A Coruña).

A Ovella Galega estará representada cun stand de Asovega, e a Galiña de Mos estará representada polo stand conxunto de Avimós- Castro de Madrosende. Repartirase abundante información e prestarase asesoramento das dúas razas e dos seus produtos.

Máis información da feira no seguinte enlace: MAGRECO 2018

PROGRAMA MAGRECO 2018

 


|
| © Boaga 2018