Limpar
uploads/9/news/programa-xornadas-tecnicas-2014-silleda.png

XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN(RR.AA.GG.PEX) NA SEMANA VERDE 2014

do 13 ao 15 de xuño de 2014. PAVILLÓN DE GANDERÍA, nº3 (O carón do Stand de BOAGA)

Un ano mais, coincidindo coa 37 Edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, BOAGA (Federación de Razas Autóctonas de Galicia) organiza unhas xornadas técnicas de Razas Autóctonas Galegas co fin de fomentar a formación e especialización do sector gandeiro, tanto dos seus socios coma do público en xeral. Con elas pretendemos dar a coñecer distintos aspectos relacionados coa cría destas razas e cos seus produtos.

Máis información descargando no seguinte enlace o programa adxunto: XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN(RR.AA.GG.PEX)


Ler Máis »

uploads/9/news/dsc_0084-2.jpg

PRESENCIA DA GALIÑA DE MOS NA SEMANA VERDE 2014

Do 12 ao 15 de xuño deste ano vaise celebrar unha nova edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia,  no recinto Feiral de Silleda (Pontevedra). Existen moitas actividades e varias novidades, xa que tras o parón do ano pasado, volve o MONOGRÁFICO DA RAZA GALIÑA DE MOS, que xa vai pola súa sétima edición.

As actividades que se realizarán serán as seguintes:

1º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS.

Este campionato estará dividido en dous certames no que as nosas aves poderán participar en concurso por lotes ou en concurso individual.

 

Máis información en AVIMÓS


Ler Máis »

uploads/9/news/marquesa-l.jpg

CONCURSOS MORFOLÓXICOS DA CACHENA E A VIANESA

Silleda, 12-15 xuño 2014

Este ano a Feira acolle os CONCURSOS MORFOLÓXICOS DA RAZA VIANESA (2º edición) e DA RAZA CACHENA (3ª edición). Tentamos con eles dar a coñecer, cada día mellor, as características típicas e propias de cada ...


Ler Máis »

uploads/9/news/dsc00114.jpg

I CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CALDELÁ

A MAIOR CONCENTRACIÓN DE CALDELÁS DOS ÚLTIMOS ANOS

No pavillón de gandería, coincidindo coa 37ª edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, imos a poder atopar reunidos un gran número de exemplares da raza. Os animais serán calificados por os xuíces a ...


Ler Máis »

uploads/9/news/festa-gastronomica-vilamarin-xuno-2014.png

I FESTA GASTRONÓMICA DA CARNE DE TENREIRA CACHENA EN VILAMARÍN-OURENSE

7 de xuño de 2014

O sábado 7 de xuño de 2014, celebrarase a I festa gastronómica da carne de tenreira Cachena no campo da festa de Pazos de Monte-Vilamarín (Ourense). O evento está organizado pola comisión de festas de Pazos en colaboración coa Asociación Agrogandeira “Delvezón” e o menú, elaborado por “Malé”, consistirá de empanada de carne, carne ó caldeiro e carne richada todo de raza Cachena, pan, viño e postre caseiro.


Ler Máis »

uploads/9/news/img-20140524-wa0004.jpg

AS RAZAS AUTÓCTONAS NA FEIRA DE PRODUCTOS DO CAMPO E ARTESANÍA EN LUGO.

23-25 maio 2014 -Lugo

Estase a celebrar a Feira de artesanía e produtos do campo na praza Agro do Rolo, no barrio da Milagrosa en Lugo. O criador Jorgue Anguez, de Triacastela de “Cachenas de San Breixo”, está cunha carpa promocionando a súa explotación e mais facendo promoción das razas autóctonas e dos seus produtos. A feira comenzou o venres 23 e poderase visitar ata  mañá, domingo 25 de maio.


Ler Máis »

uploads/9/news/10250217_637360053010956_4469131067100305916_n.jpg

XORNADAS DO GALO MOS NO RESTAURANTE AURORA EN LUGO

12-25 MAIO , LUGO

O restaurante-pulpería Aurora do Carballiño, en Lugo, celebra unhas Xornadas do Galo da nosa raza. O restaurante está ao carón da Estación de autobuses de Lugo.  As aves son proporcionadas pola granxa artesá Chousa do Lea e as xornadas estanse a celebrar entre o 12 e o 25 de maio.

Mais información en Galiña de Mos.


Ler Máis »

uploads/9/news/xornadas-ovella-galega-mayo-junio-2014-rio-lea.png

NOVAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DA PALETILLA E DA PERNA DE CORDEIRO DE OVELLA GALEGA

16 maio-8 xuño 2014. Restaurante Río Lea (Castro de Rei-Lugo)

Dende o 16 de maio ata o 8 de xuño, celebraranse unhas novas XORNADAS GASTRONÓMICAS DA PALETILLA E DA PERNA DE CORDEIRO DE OVELLA GALEGA no restaurante Río Lea (Castro de Ribeiras de Lea-Castro de Rei, Lugo). O menú consistirá en albóndigas de cordeiro con puré de patacas da Chaira de primeiro plato e perna e paletilla de segundo. Sobremesa de tiramisú e viño da D.O. Ribeira Sacra “Valcar”.

As xornadas están organizadas pola gandería de produción ecolóxica SAT Torre, de Arcos (Outeiro de Rei) de onde provén a carne. Colabora a Asociación de Criadores de Raza Ovella Galega-ASOVEGA.

Os teléfonos de contacto do restaurante Río Lea son 982310657 e 982310658


Ler Máis »


|
| © Boaga 2017