Limpar
uploads/9/news/sin-titulo_1.jpg

A OVELLA GALEGA E A GALIÑA DE MOS, PARTICIPARÁN NA FEIRA DE MAQUINARIA E GANDERÍA MAGRECO QUE SE CELEBRA EN EN BOIMORTO

28 y 29 de marzo. Boimorto (A Coruña)

A Feira da maquinaria e gandería MAGRECO, que se celebra en Boimorto este fin de semana, contará coa Galiña de Mos e a Ovella Galega. Estarán Avimós e Asovega con sendos postos, onde se repartirá información sobre a raza Mos e a Ovella Galega, e sobre os criadores con exemplares disponibles para venda. Tamén asistirán os criadores da raza Mos Granxa Castelo de Alcobre, de Vila de Cruces, con varios exemplares. Esperámosvos.

PROGRAMA DA FEIRA MAGRECO


Ler Máis »

uploads/9/news/njgwec0tms0wlxvwbg9hzhmvos9uzxdzl2vulwv4dgvuc2l2by5qcgc.jpg

ESTÁ ABERTO O PLAZO DE SOLICITUDE DA PAC 2015

DOG Nº 48- Mércores 11 de marzo de 2015

Saíu publicada a Orde do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de ...


Ler Máis »

uploads/9/news/xantar-2014-2_1.png

AS AUTÓCTONAS GALEGAS ESTARÁN NO XANTAR, DO 4 AO 8 DE MARZO DE 2015

Recinto Feiral Expourense, Finca Sevilla S/N 32005-Ourense

A Federación de Razas Autóctonas de Galicia BOAGA, participará na 16ª edición do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo XANTAR, que se celebrará do 4 ao 8 de marzo de 2015 no recinto Feiral Expourense,(Finca Sevilla s/n -32005-Ourense).

O venres día 6, ás 18:00h, na Aula Cuevas, haberá un Obradoiro Gastronómico, “Razas Autóctonas de Galicia en Perigo de Extinción” e maridaxe con viño da Ribeira Sacra Ponte da Boga. O Obradoiro será impartido polo Chef Carlos Parra (Castillo de Maceda), organiza Boaga e colabora a Adega Ponte da Boga.

Estaremos presentes no stand 19, onde se poderá obter información sobre as razas autóctonas e os seus produtos derivados, das posibilidades culinarias a través do libro “Cociñando coas razas autóctonas”, e da promoción coa venda dos peluches da Ovella Galega e da Galiña de Mos.

Máis información en XANTAR 2015


Ler Máis »

uploads/9/news/xornadas-razas-autoctonas_7.png

XORNADA DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA EN PERIGO DE EXTINCIÓN. PAC E AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL EN GALICIA.

Vaise celebrar unha xornada sobre a nova PAC e Axudas ao Desenvolvemento Rural en Galicia. Estas xornadas van dirixidas aos criadores socios das asociacións das razas CACHENA, CALDELÁ, FRIEIRESA, LIMIÁ, VIANESA, OVELLA GALEGA, CABRA GALEGA e GALIÑA DE MOS. Estas xornadas comenzan ás 16:30 horas coa charla "Axudas aos criadores dentro do Desenvolvemento Rural, Agroambiente, Clima e Razas Autóctonas" impartida por Don Raimundo Castaño Bascoy.

Posteriormente don José Julián Bermello López, impartirá a charla "Aplicación da nova PAC en Galicia, Aspectos prácticos". A Xornada pecharase ás 19:00 horas.

Para máis información pinche en Xornada Razas autóctonas sobre a PAC

tef Boaga 988205486


Ler Máis »

uploads/9/news/cimag-gandagro-2015.png

AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS ESTARÁN EN CIMAG-GANDAGRO 2015

do 19 ao 21 de febreiro de 2015. Recinto feiral de Silleda

Do 19 ao 21 de febreiro de 2015, celébrase Cimag-GandAgro 2015, unha feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, no que haberá xornadas técnicas, concursos e exposicións.

BOAGA xunto coas asociacións integradas, participarán con exposición e representación de exemplares vivos das 8 razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Galiña de Mos e Cabra Galega. Tamén estaremos cun stand para información e asesoramento dos visitantes e mais con venda do libro de cociña “Cociñando coas razas autóctonas” e dos peluches da Ovella Galega e da Galiña de Mos.

Temos entradas/invitación a disposición de todos os socios pertencentes as asociacións de BOAGA, polo que si están interesados en asistir deben poñense en contacto chamando previamente ao tef 988205486 da Federación.

Máis información sobre a feira en www.cimag.gandagro.com e

https://es-es.facebook.com/cimag.gandagro

https://www.facebook.com/federacion.autoctonasgalegas


Ler Máis »

uploads/9/news/fitur-2015-2.jpg

A GALIÑA DE MOS E A OVELLA GALEGA ESTARÁN EN FITUR 2015

28 xaneiro - 1 febreiro 2015- Madrid

Un ano máis a Galiña de Mos e a Ovella Galega estará en Fitur 2015, Hoxe mércores 28 de xaneiro ás 16:00h presentarase no stand de Turgalicia, na Feira Internacional do Turismo en Madrid, a Guía da Hostalería Lucense "E para comer Lugo" 2015. Nesta publicación que fala de turismo gastronómico, inclúense produtos de calidade nos que aparece Galo Mos e o cordeiro de Ovella Galega.

Haberá tamén representación de Avimós-Asociación de Avicultores da raza Galiña de Mos e máis de Asovega-Asociación de Criadores de raza Ovella Galega , aproveitándose para facer unha presentación dos produtos das dúas razas diante de hosteleiros madrileños, grazas á invitación da Asociación de Empresarios da Hostelería de Lugo.


Ler Máis »

uploads/9/news/foto-para-noticia-lobo.jpg

AXUDA PARA PALIAR DANOS LOBO PARA O ANO 2015

Publicado no DOG. 235, do martes 9 decembro 2014

ORDEN de 20 de noviembre de 2014 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas para paliar los daños producidos por el lobo y se convocan para el año 2015. Da Consellería ...


Ler Máis »

uploads/9/news/a3ventacapc3b3n.jpg

OS CAPÓNS DA RAZA AUTÓCTONA VOLTAN Á FEIRA DO CAPÓN DE VILALBA

21 decembro de 2014, Vilalba

Este domingo celébrase a Feira do Capón de Vilalba e haberá unha gran novidade. A granxa de avicultura artesanal "Aves do Concello" na que se cría aves da raza Galiña de Mos, presentará varios lotes de exemplares de capóns feitos a partir da nosa raza.

Noraboa aos nosos criadores.
máis información en: AVIMÓS

Ler Máis »


|
| © Boaga 2017