No Restaurante Cantábrico na Fonsagrada, celebraranse durante os fines de semana do mes de abril unhas Xornadas do Galo da nosa raza. As aves son proporcionadas pola granxa Chousa do Lea.
Son as primeiras xornadas deste tipo que se organizan na montaña lucense.
Este fin de semana a Galiña de Mos e a Ovella Galega estarán na VII Feira Multisectorial agrícola que se celebra na parroquia de Sedes, no concello de Narón. Asistirá o criador Xosé María García Villaverde, da granxa Quinta da Vacaloura, cun posto onde se exporá información das nosas razas e da súa granxa.
Para todo aquel que queira asistir, a feira estará aberta o sábado e o domingo en horario de 11:00 a 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 20:00 h.
Dende hoxe xoves día 7, ata o domingo 17 de abril, comeza O III CONCURSO DE TAPAS DE CASTRO RIBEIRAS DE LEA, no que 15 establecementos hosteleiros danse cita para ofrecer sabor e creatividade. “O Restaurante Suso” oferta unha tapa de “Croca de Limiá con gratín de pataca ao quescrem de San Simón” unha boa proposta, para degustar a excelente carne de raza Limiá, que procede da gandería da criadora de raza Limiá, Ana María Teijeira Castro, “Ganadería Taluco” que ten a súa explotación en Loentia (Castro de Rei-Lugo). Non o perdan.
Máis información nos seguintes enlaces:
Concurso de Tapas RESTAURANTE SUSO
O Domingo 3 e o luns 4 de abril, e dentro dos programas das Feiras de Abril 2016 que organiza o Concello do Val do Dubra, celebráronse no campo da feira entre outras ,degustacións gastronómicas de carne de raza Cachena, preparada de diferentes formas: guisada, carne ao caldeiro, en churrasco e chuletas. As xornadas tiveron moito éxito. A carne de raza Cachena procedeu da ganadería de José Antonio Liñares Rey, explotación do Val do Dubra.
DEGUSTACIÓNS GASTRONÓMICAS TENREIRA DE RAZA CACHENA NO VAL DO DUBRA
Diferentes medios de comunicación promocionaron as feiras como se pode ver pinchando nos seguintes enlaces:
NOTICIA FEIRAS VAL DO DUBRA (EL CORREO GALLEGO)
As Xornadas gastronómicas do galo da nosa raza celebradas en Lugo, no restaurante-pulpería Aurora, remataron cun grande éxito. Organizadas polo propio restaurante e a granxa Chousa do Lea, contaron con moitos comensais que acabaron satisfeitos ...
A Galiña de Mos estivo na Feira do Queixo do Cebreiro celebrada o 25 de marzo. O criador de Pedrafita do Cebreiro Roberto Raposo, presentou un posto con exemplares e repartíu información sobre a raza ...
Publicouse na revista O Monte (Revista da Asociación Forestal de Galicia) a entrevista que lle fixeron a José Ramón Justo Feijóo, Director de Boaga, no que fala da federación, das razas que están integradas, da xestión e promoción que se está a facer por parte das asociacións e da propia federación, e máis da relación entre propietarios forestais e os gandeiros, e as sinerxias beneficiosas entre ámbolos dous tanto para o coidado do monte, prevención de incendios coma para o desenvolvemento e produción das razas autóctonas. Para ler a reportaxe completa pódese descargar en :ENTREVISTA O MONTE- DIRECTOR BOAGA
Vanse celebrar unhas novas xornadas gastronómicas para todo o mes de abril do 2016. Poderemos degustar e apreciar as sensacións que transmite a carne dos cordeiros de raza Ovella Galega, nesta ocasión no restaurante A Rotonda en Lugo. Tef restaurante: 982204057
Os cordeiros proceden da explotación SAT Torre de Arcos en Outeiro de Rei (Lugo)