Limpar
uploads/9/news/festa-da-empanada-do-val-do-dubra.jpg

DEGUSTACIÓN GASTRONÓMICA DA TENREIRA DE RAZA CACHENA NO VAL DO DUBRA

Val do Dubra (3 e 4 abril 2016)

 

O Domingo 3 e o luns 4 de abril, e dentro dos programas das Feiras de Abril 2016 que organiza o Concello do Val do Dubra, celebráronse no campo da feira entre outras ,degustacións gastronómicas de carne de raza Cachena, preparada de diferentes formas: guisada, carne ao caldeiro, en churrasco e chuletas. As xornadas tiveron moito éxito. A carne de raza Cachena procedeu da ganadería de José Antonio Liñares Rey, explotación do Val do Dubra.

DEGUSTACIÓNS GASTRONÓMICAS TENREIRA DE RAZA CACHENA NO VAL DO DUBRA

Diferentes medios de comunicación promocionaron as feiras como se pode ver pinchando nos seguintes enlaces:

NOTICIA FEIRAS VAL DO DUBRA (EL CORREO GALLEGO)

NOTICIA FESTA DA EMPANADA VAL DO DUBRA (A GALEGA- PROGRAMA BOAS TARDES emitido 04-04-2016, dende o minuto 46)

 
 

Ler Máis »

uploads/9/news/img_20160331_151951.jpg

REMATARON UNHAS EXITOSAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DO GALO E DOS OVOS DE GALIÑA DE MOS EN LUGO.

Restaurante Aurora (Lugo). 18 de marzo a 3 de abril 2016

As Xornadas gastronómicas do galo da nosa raza celebradas en Lugo, no restaurante-pulpería Aurora, remataron cun grande éxito. Organizadas polo propio restaurante e a granxa Chousa do Lea, contaron con moitos comensais que acabaron satisfeitos ...


Ler Máis »

uploads/9/news/img-20160325-wa0003.jpg

A GALIÑA DE MOS ESTIVO NA FEIRA DO QUEIXO DO CEBREIRO.

Pedrafita do Cebreiro. 25 de Marzo 2016

A Galiña de Mos estivo na Feira do Queixo do Cebreiro celebrada o 25 de marzo. O criador de Pedrafita do Cebreiro Roberto Raposo, presentou un posto con exemplares e repartíu información sobre a raza ...


Ler Máis »

uploads/9/news/portada-revista-o-monte.png

ENTREVISTA NA REVISTA O MONTE AO DIRECTOR DE BOAGA

Revista O Monte (nº 59).

Publicouse na revista O Monte (Revista da Asociación Forestal de Galicia) a entrevista que lle fixeron a José Ramón Justo Feijóo, Director de Boaga, no que fala da federación, das razas que están integradas, da xestión e promoción que se está a facer por parte das asociacións e da propia federación, e máis da relación entre propietarios forestais e os gandeiros, e as sinerxias beneficiosas entre ámbolos dous tanto para o coidado do monte, prevención de incendios coma para o desenvolvemento e produción das razas autóctonas. Para ler a reportaxe completa pódese descargar en :ENTREVISTA O MONTE- DIRECTOR BOAGA


Ler Máis »

uploads/9/news/a-rotonda.jpg

NOVAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DO CORDEIRO DE OVELLA GALEGA EN LUGO

Restaurante A Rotonda.Lugo. 1 - 30 de abril de 2016

Vanse celebrar unhas novas xornadas gastronómicas para todo o mes de abril do 2016. Poderemos degustar e apreciar as sensacións que transmite a carne dos cordeiros de raza Ovella Galega, nesta ocasión no restaurante A Rotonda en Lugo. Tef restaurante: 982204057

Os cordeiros proceden da explotación SAT Torre de Arcos en Outeiro de Rei (Lugo)


Ler Máis »

uploads/9/news/160321_mr_castro-de-rei_explotacion-teijeiro-ii.jpg

A CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL VISITA UNHA EXPLOTACIÓN DE RAZA LIMIÁ

Castro de Rei (Lugo). 21 de marzo de 2016

A Conselleira de Medio Rural, Ángeles Mejuto, visitou onte dúas explotación de vacuno unha de leite e outra de carne, unha ganadería de raza Limiá, pertencente á criadora Ana Meijide que ten a súa explotación ...


Ler Máis »

uploads/9/news/img_8513-xornadas-gastronomicas-restaurante-aurora-lugo.jpg

NOVAS XORNADAS DO GALO MOS EN LUGO (Restaurante Aurora)

Restaurante Aurora (Lugo). 18 de marzo a 3 de abril 2016

A partir do 18 de marzo, no restaurante-pulpería Aurora en Lugo, celébranse unhas novas Xornadas do Galo Mos, organizadas xunto coa granxa Chousa do Lea que aporta os produtos da raza. Ata o día 3 de abril.


Ler Máis »

uploads/9/news/12734235_194347370923834_4573997193225446132_n.jpg

A OVELLA GALEGA E A GALIÑA DE MOS, PARTICIPARÁN NUNHA NOVA EDICIÓN DE MAGRECO 2016. EN BOIMORTO.

BOIMORTO 19 E 20 DE MARZO DE 2016

A Feira da maquinaria e gandería MAGRECO, que se celebra en Boimorto este fin de semana, contará coa Galiña de Mos e a Ovella Galega. Estarán AVIMÓS- Asociación de Avicultores da raza Galiña de Mos e ASOVEGA- Asociación de Criadores da raza Ovella Galega, con sendos postos onde se repartirá información sobre a raza Mos e a raza Ovella Galega. Tamén asistirán os criadores da raza Mos en representación a explotacións do concello de Vila de Cruces (Granxa Castelo de Alcobre,Granxa Castro de Madrosende, Alejandro Fiuza Mosquera e José Ramón Cillero Ferro) que participarán con exemplares da raza. Esperámosvos.


Ler Máis »


|
| © Boaga 2017