XORNADAS TÉCNICAS DAS RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA EN PERIGO DE EXTINCIÓN NA 36ª SEMANA VERDE DE GALICIA

uploads/9/news/cartel_xornadas.jpg

06.06.2013. Este ano, Boaga organiza as Xornadas Técnicas das Razas Autóctonas de Galicia en Perigo de Extinción no marco da 36ª Semana Verde de Galicia. Terán lugar no recinto Feira Internacional de Galicia de Silleda a fin de semana do 15 e 16 de xuño.

Nestas xornadas trataránse diversos temas sobre as razas autóctonas en perigo de extinción (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Galiña de Mos, Ovella Galega e Porco Celta): os seus censos e distribución en España, sistemas de explotación e producións artesanais, características produtivas, de canal e de carne e programas de conservación, así como un módulo sobre economía nas explotacións gandeiras.

A temática vai dirixida aos criadores e ao público en xeral coa finalidade de dar a coñecer mellor as características das razas e fomentar tanto a súa crianza, respectuosa co medio ambiente e sostible, coma o seu consumo, dado que son carnes de alta calidade e características especiais.

O programa completo das xornadas pódese consultar no seguinte enlace:

Programa

 


|
| © Boaga 2017