XORNADAS GASTRONÓMICAS DE CORDEIRO DE RAZA OVELLA GALEGA NO RESTAURANTE RÍO LEA

[XORNADAS GASTRONÓMICAS DE CORDEIRO DE RAZA OVELLA GALEGA NO RESTAURANTE RÍO LEA - uploads/9/news/ovella_galega_rio_lea_2j.peg]

06.05.2013. O restaurante Río Lea (Castro de Ribeiras de Lea, Lugo) está celebrando dende o 3 de maio as Xornadas Gastronómicas de Cordeiro de Raza Ovella Galega. Prolongaranse ata o día 26 deste mes e consisten no ofrecemento dun menú selecto a base de canelóns de cordeiro, cordeiro asado, sobremesas caseiras e viño Ribeira Sacra Valcar. As xornadas están organizadas pola gandería de produción ecolóxica SAT Torre, de Arcos (Outeiro de Rei), de onde provén a carne que se está a degustar no Río Lea.