XORNADAS GASTRONÓMICAS DE BOI DE RAZA VIANESA EN “TORRE VILARIÑO”

18-21 xaneiro. Fión (O Saviñao-Lugo)
uploads/9/news/xornadas-boi-raza-vianesa.png

Comezamos este ano cunhas novas xornadas gastronómicas de boi de raza Vianesa, que se celebrarán do xoves 18 ao domingo 21 de xaneiro, no Restaurante Brasería da “Posada Torre Vilariño”, primeira casa de turismo rural de Galicia, situado na parroquia de Fión no concello do Saviñao (Lugo), nun entorno incomparable como é a Ribeira Sacra . As xornadas están organizadas pola mesma casa rural e a ganadería “Ganado de Lemos”, criadores de boi de raza Vianesa e tamén operadores autorizados para o logo 100% raza autóctona raza Vianesa.

As xornadas comezan o xoves ao mediodía e rematan o domingo pola noite, e consistirán en menús especiais, menús degustación e á carta, polo que para os que estean interesados débese chamar ao seguinte teléfono de contacto para reservas: 982 45 22 60

Menú degustación

A localización para chegar ao restaurante é a seguinte: 42°33'26.9"N - 7°39'48.1"W

(Posada Torre Vilariño. 27548 Fion- O Saviñao- Lugo)

Máis información na súa páxina web: https://www.torrevilarino.com/  e tamén no facebook: https://www.facebook.com/PosadaTorreVilarino/

Non o perdades!


|
| © Boaga 2018