XORNADAS GASTRONÓMICAS DA OVELLA GALEGA EN FOZ

uploads/9/news/plato_ovella.jpg

8.11.2013. O pasado 23 de marzo, o establecemento de turismo rural Casa da Roxa (www.casadaroxa.com), situada en Vilaronte, Foz (Lugo) organizou unhas xornadas gastronómicas que tiveron como protagonista a Ovella Galega. Nestas xornadas os asistentes puideron degustar un menú no que o plato principal foi o cordeiro leitón de Ovella Galega con ensalada e patacas.

Debido ao éxito da xornada, os organizadores decidiron repetir o evento para que os que non tiveron a oportunidade de asistir ese día poidan probar este manxar da gastronomía galega. Deste xeito, o próximo 20 de abril repetirase a xornada.


|
| © Boaga 2018