XORNADAS DE DEGUSTACIÓN E VENDA DE PRODUTOS DE RAZA VIANESA EN MONTEDERRAMO

12 de outubro 2018. Montederramo (Ourense)
[XORNADAS DE DEGUSTACIÓN E VENDA DE PRODUTOS DE RAZA VIANESA EN MONTEDERRAMO - uploads/9/news/xornadas-degustacion-montederramo.png]

A carne de raza Vianesa poderase degustar novamente, nunhas xornadas gastronómicas , que se celebrarán no restaurante “Casa Elvira”, con diversas preparacións con carne 100% raza autóctona Vianesa, coincidindo ademáis coa  XXV edición da FESTA DA CARNE en Montederramo

Están organizadas polo propio restaurante e Gandeiría Cimadevila SC., criador de raza Vianesa e proveedor da carne que se vai a degustar. Ademáis José Blanco, o titular de Gandeiría Cimadevila SC, tamén exporá e venderá a carne procedente dos animais da súa propia explotación na feira, no que tamén asesorará e publicitará a raza Vianesa e os seus produtos.

Gandeiría Cimadevila SC e Casa Elvira son operadores autorizados para o logotipo 100% Raza Autóctona Vianesa.

Non o perdades!