XORNADA DIVULGATIVA DAS RAZAS OVELLA GALEGA E A CABRA GALEGA NO CIPF A GRANXA EN PONTEAREAS.

21 de novembro de 2018. Ponteareas-Pontevedra.
[XORNADA DIVULGATIVA DAS RAZAS  OVELLA GALEGA E A CABRA GALEGA NO CIPF A GRANXA EN PONTEAREAS. - uploads/9/news/alumnos.jpg]

O 21 de novembro de 2018 estivemos cos alumnos do 2º Curso do Ciclo Medio de Produción Agroecolóxica, módulo de produción gandeira da CIFP A Granxa en Ponteareas. Toda unha mañá falando da Ovella Galega e Cabra Galega, razas autóctonas de Galicia en peligro de extinción. A charla divulgativa foi impartida pola Directora Técnica das dúas razas, tiveron unha duración de máis de 6 horas, e nelas explicóuselles aos estudantes as características das dúas razas autóctonas e os produtos da Ovella Galega e Cabra Galega, así coma a divulgación e a promoción que se fai coas mesmas.