XIII FESTA DA EXALTACIÓN DA EMPANADA DE FORQUELLAS E CACHENA DA SERRA DO QUINXO EN ENTRIMO

Entrimo (Ourense). 5 de xuño de 2016
[XIII FESTA DA EXALTACIÓN DA EMPANADA DE FORQUELLAS E CACHENA DA SERRA DO QUINXO EN ENTRIMO - uploads/9/news/festa-do-entrimo-5-de-junio-2016.jpg]

Este domingo 5 de xullo celebrarase a XIII edición da Festa da Empanada de Forquellas e Cachena da Serra do Quinxo, que organiza o Concello de Entrimo en colaboración con BOAGA e CACHEGA, que terá lugar no pavillón polideportivo de Entrimo (Ourense) preparado para un aforo de 800 comensais. A comida comezará a partir das dúas do mediodía e os asistentes poderán degustar un menú composto por empanada de maíz, carne cocida de Cachena, pan, viño e sobremesa. O prezo da ración será de 12 euros por persoa.