V XORNADAS DE TENREIRA CACHENA NO EUME E NO MANDEO

uploads/9/news/xornadas_cachena_eume_2013.jpg

12.04.2013. A Asociación de Empresarios de Turismo do Eume (Tureume), en colaboración coa Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga,  porá en marcha o próximo venres 12 de abril unha nova edición das Xornadas Gastronómicas da Tenreira Cachena, cuxas anteriores edicións se celebraron no Eume e este ano, como novidade, esténdense ata o Mandeo.

O acto de presentación está programado para as oito da tarde no Centro de Interpretación das Fragas do Eume e nel haberá diversos relatorios entre os que hai que destacar o dun criador da raza Cachena, Miguel Pernas, da gandería Tras do Río, que leva varios anos participando e colaborando nestas xornadas. Ademais, neste acto haberá degustacións de carne de Cachena organizadas polo restaurante Andarubel.

As xornadas, que durarán ata o 30 de abril, contan este ano con 13 establecementos participantes que sorprenderán aos seus clientes con receitas de tenreira Cachena nas súas cartas. Deste xeito os establecementos participantes este ano son :

- Restaurante A Pitanza (Pontedeume)

- Restaurante Andarubel (Pontedeume)

- Restaurante Casa Peizás (A Capela)

- Restaurante La Solana (Cabanas)

- Restaurante Casa Platas (Aranga)

- Albergue Alvarella (Vilarmaior)

- Casa de Sixto (Paderne)

- Hotel de Naturaleza Monfero Rural (Monfero)

- Parrillada Terranova (Oza dos ríos)

- Restaurante y Hotel Rectoral de Cines (Oza dos ríos)

- Parrillada San Isidro (Bergondo)

- Restaurante La Paz (Coirós)

- Restaurante O Garfo (Irixoa)

Este tipo de iniciativas tratan de potenciar sinerxias entre gastronomía e medio rural, servindo como escaparate para que o público en xeral poida coñecer e degustar unha carne tan especial como é a da raza Cachena.


|
| © Boaga 2018