UN RESTAURANTE DE RAZAS AUTÓCTONAS EN XANTAR

uploads/9/news/tarjeton_hr3j_1.peg

Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebra en Ourense do 6 ao 10 de marzo, é unha feira que alcanza a súa décimo cuarta edición e que transforma o recinto de Expourense nun gran centro de restauración. En 12.000 metros cadrados cubertos recréase unha vintena de restaurantes con todos os detalles e servizos. O obxectivo é dobre: exaltar as materias primas coas que se elaboran os menús e fomentar a calidade e a prestación do servizo.

Este ano, como gran novidade, Boaga terá xunto ao famoso cociñeiro Flavio Morganti, do restaurante Galileo, un espazo dentro deste salón que ofrecerá un suculento menú degustación coas razas autóctonas. Tamén teremos un stand de información sobre as razas para todos os interesados.

Siga a participación de Boaga en Xantar en Facebook.


|
| © Boaga 2018