UN GALO E UNHA GALIÑA DE MOS ENTRAN NAS AULAS DO COLEXIO DE LAXE

Novembro 2015. Laxe (A Coruña)
[UN GALO E UNHA GALIÑA DE MOS ENTRAN NAS AULAS DO COLEXIO DE LAXE - uploads/9/news/img_20151202_125309_1.jpg]

O CPI Cabo da Area, de Laxe, na provincia da Coruña, recibíu unha visita destacada a pasada semana. Un Galo e unha Galiña de Mos entraron nas aulas de infantil, con motivo dunha charla didáctica impartida aos nenos dese colexio. 

Os rapaces disfrutaron moito observando aos exemplares e atendendo ás explicacións impartidas sobre a vida das galiñas e da súa cría.

Unha experiencia que se complementou coa incubación de ovos dos que saíron poliños, podendo ver os nenos o ciclo completo do nacemento do polo.

Para ver as fotos pulsar aquí.

Mais información da raza en AVIMOS