"RETIRO ESPIRITUAL" DAS CACHENAS DE SAN BREIXO

6 ao 8 de decembro - Abadía do Mosteiro de Samos
uploads/9/news/ii-encontro-gastronomico-de-samos.jpg

 

Do 6 ao 8 de decembro terá lugar na abadía do Mosteiro de Samos o II ENCONTRO - FEIRA DA GASTRONOMIA CONVENTUAL E MONACAL NOS CAMIÑOS DE SANTIAGO. Poderemos disfrutar dun evento que ten como obxectivo promocionar os produtos típicos das comarcas polas que pasa o camiño de Santiago. Será no claustro do mosteiro onde mais de trinta expositores adicados á artesanía e alimentación nos ofrezan os seus produtos, destacando, como non, a carne de raza CACHENA da explotación CACHENAS DE SAN BREIXO, procedente de Triacastela, Lugo.

Como novidade, haberá unha pequena mostra de exemplares vivos de Galiña de Mos.

Enlace a "CACHENAS DE SAN BREIXO"


|
| © Boaga 2018