PRESENCIA DA GALIÑA DE MOS NA SEMANA VERDE 2014

uploads/9/news/dsc_0084-2.jpg

Do 12 ao 15 de xuño deste ano vaise celebrar unha nova edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia,  no recinto Feiral de Silleda (Pontevedra). Existen moitas actividades e varias novidades, xa que tras o parón do ano pasado, volve o MONOGRÁFICO DA RAZA GALIÑA DE MOS, que xa vai pola súa sétima edición.

As actividades que se realizarán serán as seguintes:

1º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS.

Este campionato estará dividido en dous certames no que as nosas aves poderán participar en concurso por lotes ou en concurso individual

3ª EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DE GALIÑA DE MOS – SEMANA VERDE 2014 (os lotes serán de 3 galiñas e 1 galo).

 VII CONCURSO MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS (concurso individual).

 

Máis información en AVIMÓS


|
| © Boaga 2018